As cinco denominacións de orixe de Galicia

En 2025 sumaban 9.391 hectáreas inscritas e 9.471 viticultores. Van da costa, onde case todo é Albariño, aos vales do interior, onde mandan a Mencía e o Godello. Cada unha ten o seu prego de condicións: que uvas se plantan, canto se vendima e que pode dicir a etiqueta.

Mapa das denominacións de orixe e IXP de viño de GaliciaAs cinco D.O. coloreadas sobre os concellos que inclúe cada prego e as cinco IXP en trazo descontinuo. Cada zona ligada á súa ficha.
raiado: só algunhas parroquias do concellotrazo descontinuo: IXPLímites administrativos: © Instituto Xeográfico Nacional (CC BY 4.0). Ríos e Portugal: Natural Earth.
  1. Rías BaixasO Albariño é máis do 96 % da uva que se vendima aquí. Viñedo atomizado en milleiros de parcelas, case sempre en parra e a menos de 300 metros, entre as rías e os vales baixos do Ulla, o Umia e o Miño.4.848 ha · 177 adegas · Albariño, Loureira, Treixadura
  2. RibeiroPrimeira denominación galega, protexida polo Estatuto do Viño de 1932. Brancos de mestura coa Treixadura como eixe, tintos de variedades case esquecidas e o tostado, un viño doce de uvas pasificadas.1.215 ha · 93 adegas · Treixadura, Godello, Loureira
  3. Ribeira SacraBancais de pedra que baixan ata o Miño e o Sil, vendima a man por obriga e Mencía en polo menos o 70 % de cada tinto. O Consello Regulador forma parte do CERVIM, a asociación europea de viticultura de montaña.1.253 ha · 93 adegas · Mencía, Brancellao, Merenzao
  4. ValdeorrasA porta de Galicia polo Sil e o territorio onde se recuperou o Godello. Lousa e granito entre 300 e 700 metros, con clima máis seco e extremo ca o da costa.1.223 ha · 41 adegas · Godello, Mencía, Doña Blanca
  5. MonterreiA única denominación galega na conca do Douro: o Támega corre cara a Portugal. Veráns calorosos e secos, oscilacións de temperatura moi amplas na maduración e Godello, Treixadura e Mencía como uvas máis plantadas.852 ha · 30 adegas · Godello, Treixadura, Doña Blanca

As cinco, lado a lado

Rexistros a 31-12-2025 (Agacal) e comercialización da campaña 2022/2023 (MAPA).
DenominaciónDesdehaViticultoresAdegasViño cualificadoExportadoUvas con máis peso
Rías Baixas19884.8484.94917727,1 millóns l30 %Albariño, Loureira, Treixadura, Caíño Blanco
Ribeiro19321.2151.309937,6 millóns l7 %Treixadura, Godello, Loureira, Albariño
Ribeira Sacra19951.2531.878933,5 millóns l6 %Mencía, Brancellao, Merenzao, Sousón
Valdeorras19451.223938415,4 millóns l7 %Godello, Mencía, Doña Blanca, Merenzao
Monterrei1992852397305,3 millóns l17 %Godello, Treixadura, Doña Blanca, Mencía

Comparar clima, solos e normas · Subzonas · IXP e outras figuras

Fóra das cinco

Galicia ten ademais cinco indicacións xeográficas protexidas de viño, con normas menos estritas e viñedos moi pequenos: xuntas non chegaban a 42 hectáreas en produción en 2025. Van desde o Barbanza e a ría de Betanzos ata o val do Navia, na montaña de Lugo.

As IXP e outras figuras, explicadas

Un dato que xa non cadra?

Cada ficha leva a súa fonte e a data en que se consultou. Se unha adega cambia as súas visitas ou un prego se modifica, escríbenos e corrixímolo.