Branco · Rías Baixas · Val do Salnés

Albariño de Fefiñanes

Palacio de Fefiñanes, Cambados

Orixe e elaboración

Cambados e o seu contorno, con uva do viñedo do pazo e de viticultores cambadeses.

Fermentación en depósitos de aceiro inoxidable; embotélase durante o seu primeiro ano.

Primeira colleita en 1928. A adega afirma que alcanza a súa plena madurez nuns tres anos.

Na mesa

Recomendación da guía

Ameixas á mariñeira, zamburiñas á prancha, empanada de xoubas.

Un albariño de aceiro, sen madeira, conserva toda a acidez: limpa o aceite e a graxa do marisco e non tapa o seu sabor doce. Se pasan dous ou tres anos en botella, gaña corpo para pratos con salsa.

Como pensamos as maridaxes

Fontes

  1. Palacio de Fefiñanes — Albariño de Fefiñanes (enlace retirado el 29-09-2026: la web tiene contenido ajeno inyectado) — consultado o 28 de setembro de 2026

Última revisión desta ficha: 28 de setembro de 2026.

Viches un dato incorrecto ou desactualizado? Escríbenos coa fonte e revisámolo.

Un dato que xa non cadra?

Cada ficha leva a súa fonte e a data en que se consultou. Se unha adega cambia as súas visitas ou un prego se modifica, escríbenos e corrixímolo.